jueves, 30 de octubre de 2008

French frites


O día 11 de septembro de 2001 mentras o mundo contemplaba estupefacto o primeiro atentado terrorista en directo da historia, lonxe de Nova Iorque, en Upsala, os suecos Rosén e Hellenäs non daban crédito o que estaba a ver no ecrán do ordenador acopado ao HPLC-MS-MS: O sinal dun inesperado pico estaba a saturar a resposta do detector. Era acrilamida, estaba presente en cantidades fabulosas nunhas mostras de patacas fritidas.


Nos meses seguintes analizáronse moitos máis alimentos e en todos aparecía acrilamida, especialmente nos sometidos a algún xeito de tratamento térmico. O 24 de abril de 2002 en conferencia de prensa en Suecia presentáronse publicamente os resultados.


A acrilamida é un potente e coñecido canceríxeno da industria química. Qué facía nos alimentos? Quen puxo acrilamida nos alimentos?, foron os terroristas coma fixeron co antrax? As alarmas de todo o mundo disparáronse ...
Dispararonse??
Dous día despois El Mundo facíase eco doutra inquietante noticia: "El Congreso ha decidido arropar la campaña pro-abstinencia sexual del presidente Bush y destinar 50 millones de dólares (56 millones de euros) a promover la castidad en los institutos". Pola súa banda, El País non recolleu noticia algunha nese día nin o seguinte, nin o mes que lle seguiu sobre a acrilamida. Foi necesario esparar ata o primeiro de outubro para atopar esta noticia: "Hallada la reacción química que produce la acrilamida en las frituras".


Contrariamente ao que adoita a acontecer, en poucos meses os científicos foran quen de resolver o problema. Resulta que levabamos milleiros de anos convivindo con esta molécula, aproximadamente dende que aprendimos a cociñar os alimentos.
Por qué daquela non houbo crise alimentaria como sucedeu cas vacas tolas? Onde andaban os periodistas daquela?


3 comentarios:

cãosemdono dijo...

Mecachis! Este post vai que nen pintado con relación a un libro co que ando a voltas estes días, que trata precisamente da crise do pensamento racional e científico na nosa sociedade, e o que teñen que ver os medios de comunicación con iso... verdadeiramente arrepiante o se nos está vindo enriba, y nós (ainda) con estes pelos! (La razón estrangulada, do químico e xornalista Carlos Elías. Ed. Debate).

occam dijo...

non coñezo o libro. Está ben? é recomendable?

cãosemdono dijo...

Mooooi recomendable. Se un fose amigo de esaxerar diría que ata imprescindible.