sábado, 26 de abril de 2008

cancro infantil


Aindaque a incidencia de cancro infantil está a medrar nos países desenvolvidos, especialmente en Europa nos últimos anos, máis medra a probabilidade de supervivencia dos nenos diagnosticados.

Incidencia, probabilidade son verbas que nos fan albiscar esperanzas cando lle pos ollos e cara a esa enfermidade.


***********************



A. é un neno extraordinario. O é dende antes de nacer cando estivo a piques de ser abortado e o é agora pola súa intelixenia e bondade. A. vai un curso adiantado pero mesmo podería ir dous. A. vai facer 12 anos en xuño. E abofé que vaino celebrar porque a pesares de estar loitando contra un linfoma segue a ser un neno alegre e sorrinte.

Onte foino buscar o seu pai a Madrid. Seica o tratamento -din que o derradeiro- non está a dar os resultados que agardaban.

Eu non teño forzas para chamar a súa casa e libero a anguria con este post neste blog que amorecía dende hai un mes por mor do traballo.

Qué pouco valor ten todo cando te efrontas con algo así.

Ánimo A. forza, moita forza.

8 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Si, cantas cousas deixan de ter sentido daquela e cantas acadan ún que antes non tiñan.

Moitos agarimos para A., que anque non o coñezo podo facerme unha idea de como é polo que escribiche del, e moito ánimo e forza para seguir loitando contra a enfermidade.
Desexo intensamente que todo saia ben.

occam dijo...

moitas grazas cuspedepita, e canta razón tes.

Unha aperta

Ana Bande dijo...

Merda, merda e merda....non hai dereito joder, toda a forza do mundo para A. ogallá co zume dos desexos se poidera fabricar un xarope curativo.

Manel Vázquez dijo...

a alegría, o esmorecemento, o razoamento e incluso o sofrimento dos nenos resulta lacerante, pola vida e o mundo que lles tocará vivir. ó mesmo tempo o seu ser é a única forza que move a humanidade, por iso A. dende este blog, sen dúbida, transforma o mundo. moitos bicos.

Chousa da Alcandra dijo...

Toda a forza e os ánimos para A. dende a Chousa.

r.r. dijo...

Forza, señor Occam, e moita forza para A.

apicultor dijo...

Unha aperta tenra para o neno e os pais. Valor e esperanza!

occam dijo...

moitas grazas a todos polo ánimo.

Chouza sexa benvido a este espazo