domingo, 9 de diciembre de 2007
Ébola
Soa "Bedy" na radio dun Toyota Land Cruiser mentras vai amodo por esta rúa de Bundibugyo. Deixa tras del unha nube de po dourado e uns nenos bailando os ritmos da rumba de Kanda Bongo Man. Porque, ainda que esteamos en Uganda, o Congo está a carreira dun can e probablemente os pais deses nenos sexan refuxiados dos excesos de Kabila.
Hoxe hai menos animación na vila. Non é o bule bule ao que están afeitos os veciños. Hoxe son máis os que se achegan ao centro de saúde rural “Busaru Health Centre”. Pero esta vez non é por malaria, polio, cólera, disentería ou calqueira outra enfermidade intestinal. Se achegan con medo e morbo por saber se é certo o que din. Seica hai tres traballadores sanitarios entre os dezaseis mortos dos 51 casos sospeitosos de estaren contaxiados co virus do ébola. Un filovirus como o da foto.
O Ministerio de Saúde de Uganda confirmou a semana pasada o medo que levaba dende principio do mes de novembro paseándose por todo o Distrito. Tiveron que vir técnicos da OMS e do Centro para o Control e a Prevención de Enfermidades (CDC, Atlanta, EE.UU.) a confirmar a peor das novas.
Din que a morte por ébola é horrorosa en medio de terribles hemorraxias internas, o contaxio é fácil por contacto direto con líquidos corporais infectados como o sangue, a saliva, o sudor, os ouriños ou os vómitos; e a mortalidade -case segura- soe superar ao 90% dos infectados. Por iso termina caindo o persoal sanitario que relaxa a precaución.
Africa, crisol do sufrimento.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Terrible, pero ¿son as mortes dos occidentais máis importantes que as dos nativos?
as mortes foron de nativos negros. Pero a resposta a súa pregunta deuma un profesor de parasitoloxía que tiven e é lamentablemente SI. Dícia aquel home brutote que os negros non estban contados (non había censos) e polo tanto non se podía calcular a incidencia ou prevalencia de alguhas enfermidades. A conclusión é fácil si non estás censado ou se es un refuxiado sin papéis non existes, nin sequera para contarte como morto.
Triste nonsi?
Parece que se están probando vacunas en monos que son bastante efectivas.
Esperemos que os científicos atopen canto antes unha solución para este virus, un de tantos que asola ese fermoso continente, que como tu dis acertadamente é un crisol de sufrimento.
Non contar como morto non é tan terrible, ao fin e ao cabo, mellor sería contar con un cando vivo...Si, moi triste o que fixo a "civilización" con este continente, que tan só está a 14 km. de nós.
Publicar un comentario