viernes, 13 de julio de 2007
viaxe no tempo
Levo todos estes días ausente. Quero decir do blog porque ainda non collín as vacacións. Acontence que, por unha banda ando a rematar unha chea de cousiñas para pasar un agosto tranquilo, e por outra que agora estou a vivir na praia onde non teño nin sequera teléfono.
Onte fun a unha axencia a procura dun xeito para chegar a Teruel onde teño que dar un curso de verán a semana que ven. É certamente difícil facelo en transporte público. Na axencia había unha morea de xente a mercar viaxes fabulosos, exóticos e, a maioría, con todo (¿?) incluido.
Mentras agardaba din por pensar na posibilidade -predita na teoría de Einstein- de viaxar no tempo. É esta unha idea engaiolante a que non foi allea a literatura e o cine. Imaxinei que nas axencias habería unhas cabinas dotadas cun terbello que permitiría facer estas viaxes e pensei onde gostaría de ir, de qué feito histórico gostaría de ser espectador. Teño varios
É ti a qué feito histórico quererías viaxar?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
O momento en que deixei de morderme as unllas. Eso dixo a miña nai: histórico.
as das dedas?
Ten que tentar de teletransportarse como o xaponés da serie Héroes. É moito máis barato. Un bico.
Á Grecia clásica e ao antigo Exipto, sen dúbida. Disque Robert Graves ficaba transportado na súa casa de Deiá e a súa mente estaba en Roma, sen necesidade de viaxar no tempo (claro que a saber o que se metía...)
Supoño que todos temos moitos momentos históricos que nos houbera gustado vivir en primeira persoa. Eu tamén.
Citarei un: estar na nave de Colón no momento en que o vixía berrou: "Terra".
Unha aperta.
Onte pola noite descubrín que a miña conta de gmail foi inhabilitada, sen previo aviso, pola empresa google. Non sei sequera a qué pode deberse, pero sospeito que a culpa é dun mp3 que enviei a dous compañeiros de traballo para que escoitasen unha canción sobre a que me interesaba escribir.
Tentei poñerme en contacto cos xestores de Gmail e Google pero 24 horas despois non recibín resposta e non podo acceder ó meu correo, ós meus contactos, ó meu blog nin a algúns textos que tiña almacenados tanto nas páxinas de google (googlepages) como no arquivo do propio bló.
Sinto usar o voso blog como plataforma de protesta pero é que no meu non podo publicar nada, evidentemente.
Deixovos as ligazóns dalgunhas noticias e comentarios relacionados (algún un tanto esaxerado) e recoméndovos prudencia e que dupliquedes as contas e usuarios do blog se queredes manter o acceso ó mesmo. Ou que non gardedes nas súas páxinas cousas ás que lles teñades aprecio.
http://www.maxglaser.net/sobre-el-peligro-de-concentrar-todos-tus-servicios-en-una-cuenta-de-gmail/
http://www.ojobuscador.com/2007/07/18/lo-sentimos-pero-su-cuenta-ha-sido-inhabilitada/
http://www.informediario.com/node/463/print
http://alquimistas.evilnolo.com/2006/08/09/se-cae-mi-mundo-gmail-inhabilito-mi-cuenta/
Se se me dá por abrir outro bló, fóra de Blogger, claro, tereivos avisados. Para que vaiades por outros camiños.
¡¡Coidadiño co que facedes!! ¡¡¡O Gran Irmán Google está mirando!!!
R.R.
Cando Holmes atopou a Tracy parécevos un bo momento histórico?
Publicar un comentario