domingo, 22 de julio de 2007

morreu Fontanarosa



Eran as sete da mañán cando unha azafata coa sua estudiada e artificial amabilidade ofreceume El País. Estaba a ollalo distraidamente cado vin a nova da Morte de Fontanarosa. O meu admirado humorista que soubo plasmar en literatura dun xeito afiado a nosa condición humán cun soriso nos beizos. Seica estaba enfermo da terrible ELA (esclerosis lateral amiotrófica). É unha enfermidade especialmente cruel da que agora non quero falar.

Ainda non puiden conectarme con Pablo polo messenger porque ata o luns non irá polo laboratorio. Él está agora alí, xa vai para un ano, en Rosario, a patria chica de Fontanarosa. De seguro que ten cousas que contar como consecuencia desta nova.

Xa vos contarei

1 comentario:

torredebabel dijo...

pois si, morreu. E todos quedamos, neste recuncho do mundo, un chisco máis sós, un moito máis tristes e, dende logo, bastante menos listos do que eramos lendo as súas historias e rindo co seu Mendieta e eses loros que nada querían a Inodoro Pereira. Qué será de nós agora??? Qué lo parió!