
Invítovos a participar na terceira edición do
orgasmo global que vaise celebrar mundialmente o vindeiro domingo. O evento ten tres boas, moi boas, motivacións: a Paz, a xustiza social e de xénero e o quencemento global.
Alén do tremendamente divertido que vai resultar o asunto, o orgasmo global ten un transfondo científico tan profundo coma controvertido. Tratáse do proxecto da Universidade de Pincenton da Conciencia Global que plantexa a hipótese de que os campos que xeran as conciencias individuáis poden iteractuar e, se son quen de poñerse dacordo e focalizar nalgo as inquedanzas, ter unha repercusión física sobre o mundo.
A cuestion é polémica porque ten que ver cos fenómenos paranormáis, a telequinesia e outras herbas raras, pero o certo é que os tipos do proxecto teñen unha chea de terbellos espallados para medir estados globales de conciencia. Os terbellos son uns dispositivos electrónicos que xeneran números aleatorios. A probabilidad deles rexistrase en continuo. Ao parecer existen evidencias empíricas de que ante determinados feitos de alcance e impacto global -coma o atentado das torres xemelgas ou un orgasmo global- esa probabilidade altérase dun xeito non predecible estatísticamente. Tal anomalía din que é debida a conxunción de milleiros de mentes pensando unísonamente sobre o feito.
Sexa coma for, que ninguén me chame o domingo as 12 da mañán porque non vou poder
atendelo. Estarei a participar nun experimento científico de gran en-verga-dura.